El olor de la marea

El olor de la marea
18 de Xaneiro, 2021 - 10:11 h. | Publicada por Radio Fene

Santiago Vila é médico, afeccionado á pintura e tamén á escrita, como demostra nesta súa primeira novela “El olor de la marea”, ambientada en Pontedeume no século XVII cando se produce o grande incendio da vila. 

ESCOITA O PODCAST:

Santiago Vila é médico, afeccionado á pintura e tamén á escrita, como demostra nesta súa primeira novela “El olor de la marea”, ambientada en Pontedeume no século XVII cando se produce o grande incendio da vila eumesa. Recoñece Vila que estar rodeado de xente que investiga como é o caso da súa muller, Carola, e de Lucía, axuda moito. “Daí empezou a saír esta historia” afirma. Recoñece que hai bastante documentación de Pontedeume ( entre outras fontes a revista Cátedra). O máis difícil foi a outra parte, a que se refire ao corsario de Flandes. 

“Como en toda novela, hai unha parte real e outra imaxinada” explica o autor quen recopila cousas do pobo mais recentes que introduce na época. Quizás por iso a novela entra ben en Pontedeume, mais que noutro sitio. O gremio dos curtidos, a ponte - da que hai moitísima documentación- a construción dunha fragata, protagonizan ou son fondo de episodios de “El olor de la marea” onde non falta a tensión narrativa e a tensión sexual. “Tiña que haber algo de amor” declara Santiago Vila quen nos conta que estivo en case todos os escenarios da novela, en terras de Flandes.

Dous anos recompilando información antes de escribir “El olor de la marea” unha primeira novela da que Vila recoñece estar satisfeito sobre todo da creación dalgúns personaxes ou do episodio da batalla das Dunas de 1639. “Penso que debe ser moi parecida a como debeu ser na realidade”. A novela de Santiago Vila Leira está á venda nas librerías de toda a comarca.

Cultura

Comentarios

[url=http://vskamagrav.com/]kamagra 100mg reputable site[/url]
Nome: 
zoorgadiadj

Publica o teu comentario agora