Elas volven poñer as botas

Despois do parón do Nadal, o futbol feminino de Ferrolterra retoma a liga.
10 de Xaneiro, 2020 - 01:17 h. | Publicada por Radio Fene

As xogadoras do Maniños e Perlío encaran a terceira xornada da Liga feminina de fútbol-7. O Maniños xoga na casa o sabado. O Perlio viaxa a Caranza o domingo.

O Cultural Maniños e o CCRD Perlío retoman a competición esta fín de semana, como o resto de equipos da zona de Ferrolterra. Será a terceira xornada da liga feminina de futbol-7.

O Cultural Maniños recibe mañá sabado dia 11, no campo do Pote, á AD O Val "B", ás 16.30h. Arbitra, Rubén Tiago Monteiro.

O Perlío cruza á outra banda da ría para xogar fronte ao Galicia de Caranza no campo municipal do barrio ferrolán, o domingo 12 ás 12.30h. Arbitra, Iago Bertalo Sequeiro.

Na clasificación, Caranza e Maniños están empatados a 4 puntos e Perlío mantén o empate co Rosalía, con 3 puntos.

(Na imaxe recente, as xogadoras do Maniños, Lucía Seoane e Mónica Martínez)

Deportes

Publica o teu comentario agora