As eleccións locais máis nacionais

As eleccións locais máis nacionais

27 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Hai que recuperar as institucións para a xente", afirmou a deputada Yolanda Díaz nun acto organizado por EU onte en Fene. A coordenadora de EU e o candidato á alcaldía de Vigo pola Marea, Rubén Pérez, falaron no CPS de San Valentín sobre a relevancia das próximas eleccións municipais para cambiar a situación de SOS na que vive Galicia e que a deputada resumiu nun repaso á grave situación económica, &aa

O candidato da Marea á alcaldía de Vigo, Rubén Pérez, resaltou neste acto en Fene, a importancia destas eleccións locais, afirmando que en 1931, a II República gañouse nuns comicios locais, e que no 1979 tamén foron trascendentais as eleccións municipais “para colocar alcaldes e quitar aos caciques das alcaldías”. Afirmou que estas son as eleccións municipais "máis nacionais".

Afirmou Pérez que aínda hai moito bipartidismo nos concellos e que non lle queda outra a EU que a “unidade popular”. Acumular forzas de esquerda para botar á dereita. É un proceso novo, complexo, hai reticencias, afirmou, pero “sería un erro político non facelo”. Demostrao o feito de que o proceso das mareas e outras agrupacións, están a causar moita receptividade entre a xente e moito medo a PP e PSOE.

Sociedade