Eleccións sindicais nos estaleiros

En Fene votan so 118 empregados
09 de Xullo, 2019 - 10:20 h. | Publicada por Radio Fene

O censo electoral de Navantia nos estaleiros da ría é de 1.500 votantes, deles 118 son empregados de Navantia Fene.

Navantia celebra hoxe eleccións sindicais en todos os estaleiros, entre eles os da ría de Ferrol. Os comicios celebranse despois de que se producira a saída anticipada de personal ligadas ao plan estratéxico, vixente ata o 2022. Supuxo unha merma importante do plantel segundo queda petente no censo de 1.500 votantes; 1.383 de Ferrol e 118 de Navantia Fene- 78 técnicos e 40 especialistas e non cualificados. En Ferrol elexirán a 23 representantes mentres que o comité de Fene redúcense a nove os portavoces. Antes tiña 13.

En Ferrol concurren ás eleccións, CCOO, UXT, CIG, MAS e CXT. En Fene súmase ademais, Alternativa Independente. Os traballadores do turno de noite xa votaron entre as 5.30h e as 7h. Para o resto, as urnas están abertas desde as 8.30h ás 16h.

Sociedade

Publica o teu comentario agora