Electricidade para 850.000 fogares

Electricidade para 850.000 fogares
14 de Agosto, 2019 - 11:08 h. | Publicada por Radio Fene

Navantia conta con boas opcións para fabricar as 62 jackets para o parque de Saint Brieuc na Bretaña francesa. Iberdrola adxudicará oficialmente a obra a finais deste mesmo mes. A potencia das turbinas alcanzará os oito megavatios de potencia e as estruturas de aceiro deben estar preparadas para soportar estas grandes máquinas. As condicións do chan nesa localización son máis dificultosas que noutros parques de enerxía eólica colocados ata o momento. O parque permitirá cubrir a demanda de electricidade de 850.000 fogares.

Embarque das primeiras jackets construidas en Navantia. 2016

O goberno de Francia esixe que parte  da instalación se acometa no pais para o que se debe presentar un plan industrial que garanta ocupación para 250 traballadores en Brest. O parque contará con 62 aeroxeneradores e 496 megavatios de potencia. Situase a vinte quilómetros da costa de Bretaña. O orzamento dos jackets pode roldar os 170 millóns de euros. Se non se producen variacións, a construción arrincará a comezos do 2020. O anterior contrato destas características propiciou na ría de Ferrol un millón de horas de traballo o que significa ocupación para uns cincocentos empregados durante un ano.  A unión temporal de empresas de Navantia e Windar acometerá esta obra.

Sociedade

Publica o teu comentario agora