Elina Luaces: En Perlío aprendín a amar esta profesión

Elina Luaces: En Perlío aprendín a amar esta profesión

24 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“En Perlío aprendín a amar esta profisión” afirma a actriz Elina Luaces, unha das protagonistas da produción teatral "Meu Ben", que esta tarde chega ao Pazo da Cultura de Narón. A compañía Eme2 estrea a primeira adaptación no Estado da exitosa obra da dramaturga irlandesa, Elaine Murphy. É unha obra sen artificios que protagonizan Mercedes Castro, Elina Luáces e Rocío González e dirixe Álvaro

Elina Luaces foi unha das actrices que en 1976 entrou a formar parte do grupo de teatro do Círculo Cultural de Perlío. Naquel ano representan “O circo de xiz caucásico”. Elina, que empezara a dar os primeiros pasos nos 60 no Teatro Estudio de Ferrol, chegou nos 70 a Tagallo onde, xunto a Mabel Rivera ou a Carlos Basoa, aprendeu a amar esta profesión, segundo declarou en Radio Fene.

“Meu ben” represéntase as oito e media desta tarde no Pazo da Cultura de Narón. Haberá unha nova función mañá sábado ás oito.

Sociedade