Els Joglars abren en Ferrol a xira galega do seu 50 aniversario

Els Joglars abren en Ferrol a xira galega do seu 50 aniversario

02 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Els Joglars chegan a Ferrol este xoves coa obra “2036 Omena-G”, unha autohomenaxe en clave xeriátrica no 50 aniversario da compañía. Será a primeira representación dunha xira que os levará na primeira quincena de novembro, por toda Galicia.

A compañía iniciará no teatro Jofre del Ferrol a xira galega do seu espectáculo "2036 Omena-G". Será o 4 de novembro, e trala representación en Ferrol, a obra poderá verse tamén no Auditorio de Ourense (día 7), no Centro Cultural Caixanova de Vigo (días 9 e 10), no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña (días 12, 13 e 14) e no Auditorio do Centro Social Caixanova de Pontevedra (día 17).

 Nesta montaxe, a compañía dirixe unha mirada imaxinaria cara ao seu futuro e, máis en concreto, hacia o ano 2036, cando unha importante entidade bancaria patrocina unha homenaxe a  Els Joglars. Ou máis ben, unha «anti homenaxe» para imaxinar o futuro da compañía dentro de 25 anos, cando celebrará o seu 75 aniversario.

Albert Boadella alzóuse co premio á mellor dirección pola sua particular anti homenaxe "2036 Omena-G".
Con este premio o público recoñeceuse o mellor de  Joglars, que desplegóu en Palencia, a semana pasada,  todo o que se esperaba da veterana compañía catalana, "un poco de mala leche y una interpretación coral espléndida".

Sociedade