Emigrei para non ser un chivato

Emigrei para non ser un chivato
17 de Decembro, 2019 - 08:55 h. | Publicada por Radio Fene

Funme de emigrante por non ser chivato. A Rosendo Santiago Casteleiro detívoo a garda civil en 1950. Acusábano de colaborar coas forzas antifranquistas en Astano e de participar en reunións clandestinas no Casa Canosa de Perlío. Pasou unha noite detido en Ferrol. "Deixámoste ir pero de aquí en diante tes que dicirnos quen vai a esas reunións e o que se fala alí" indicaron os da Benemérita.

ESCOITA O PODCAST:
Rosendo Santiago Casteleiro emigrou de Limodre a Venezuela

Ao chegar á casa, Rosendo Santiago apuntou: "Voume para Venezuela que non quero ser un chivato". Convenceu ao seu irmán xemelgo e embarcaron na Coruña .Era marzo de 1950.  Ao chegar a Vigo, o barco El Cairo non pasou as revisións necesarias e tiveron que volver para Limodre e logo ir coller o barco a Barcelona. Ao chegar a Caracas durmían nun portal enriba dunha maleta. "Só tiñan vinte bolívares cada un e había que comer". Participou na construción do campo de fútbol de Caracas e nun hospital. Alí había moito traballo para un soldador coma el. "Pasaron catro anos e marchei eu a Venezuela pero quedou aquí a miña filla a maior. En 1956 volvín e comezamos a facer esta casa" recorda Belia. Rosendo retornou en 1961 e volveu entrar en Astano coa mesma categoría que tiña cando marchara. Faleceu en 1997, segundo lembra a súa muller Belia López Pérez nacida no lugar da Fonte en Limodre o 22 de febreiro de 1927.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora