ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A compañía galega Continental Producciones en colaboración coa Universidade de Compostela está a desenvolver un proxecto de xogos de videconsola baseados na interacción e sensacións dos usuarios. Mediante estes xogos para a Wii xestionariánse as emocións desde diferentes puntos de vista, as sensacións e mesmo a educación do xogador. Uns videoxogos con ialma que terían patente galega.
«Trátase de abrir unha nova fronteira que pasa por introducir emocións nos videoxogos», explicou esta mañá en Radiofusión o director de Continental Games, Carlos Fernández. Presentaráselle ao xogador unha serie de situacións para que as resolva, de xeito que a consola detecte as súas emocións e o xogo transcorre en función das mesma.
Segundo o responsable da empresa, na actualidade os videoxogos baseánse na lóxica e na habilidade para executar probas no menor tempo posible. Agora dan un paso máis coa dotación de emocións o "Santo Grial" da tecnoloxía, subliña. “Acadar que unha máquina empatice co que sentimos comeza a ser unha realidade”.
O produto conta cun perfil de usuario pero todo o que é o desenvolvemento do I+D vai ter un perfil único. Calcúlase que en en 3 ou 4 meses coñeceranse as datas na que esta asignatura pendente das novas tecnoloxías xa vexa a luz.