Emocionada

Mariela Aguilar declarou convencida de que lle asiste a razón
17 de Decembro, 2018 - 12:22 h. | Publicada por Radio Fene

Mariela Aguilar recibiu unha ovación á saída do xulgado de Ferrol a onde se desprazaron un cento de persoas do BNG e simpatizantes. Os aplausos duraron uns minutos ata emocionar á edil nacionalista, quen agradeceu o seu apoio.

ESCOITA O PODCAST:

Mariela Aguilar saía tranquila e emocionada ao ver á xente que agardaba por ela na entrada dos xulgados ferroláns. Unha longa ovación recibiuna ao sair de declarar diante da xuiza, acompañada do seu avogado. Unha hora durou a declaración, entre as 10 e as 11 horas, á que a edil do BNG foi convocada esta mañá. A razón da demanda debese a que, como membro da mesa de idade no pleno do 26 de outubro do 2017, co seu voto de calidade, a edil nacionalista paralizou a sesión na que se debatía a moción de censura ao alcalde Juventino Trigo. Finalmente o actual alcalde, Gumersindo Galego denunciou á edil do BNG por esa actuación, tras dar a coñecer no ultimo pleno as sentencias favorables ao PP e Somos Fene.

O BNG de Fene convocou esta mañá ás 10 unha concentración diante dos xulgados de Ferrol onde foi chamada a declarar a edil nacionalista, Mariela Aguilar. Á saída realizou unhas escuetas declaracións, afirmando que ela contestou ás preguntas realizadas pola xuiza, defendendo que o que fixo no citado pleno foi "so pensando no meu pobo". O exalcalde, Juventino Trigo volveu defender, esta mañá diante do xulgado, que o que fixeron foi o que tiñan que facer naquel momento e afeou ao actual alcalde, Gumersindo Galego, que presentase a denuncia contra Mariela Aguilar. O caso dirímese no xulgado de instrucción numero tres de Ferrol.

Institucional

Publica o teu comentario agora