Empate agridoce

Empate agridoce
16 de Decembro, 2019 - 10:55 h. | Publicada por Radio Fene

Empate agridoce entre o Neda e o Maniños. O equipo do Pote sufriu un castigo ante un rival que xogaba cun home menos. Na Segunda Galicia de fútbol, Rápido de Neda 2 -2 Maniños. Goles do Maniños de Angel Löpez e Fabio.

ESCOITA O PODCAST:
Cultural Maniños. Segunda Galicia de fútbol

Cando o marcador reflectia un empate a uns e o equipo visitante despregaba o seu mellor xogo, o porteiro do Neda foi expulsado no minuto 39 por unha xogada fóra do área. “Eles pecháronse moito máis e nos relaxámonos” afirma o adestrador Pablo Mesa. Cun xogador menos, o Neda adiantouse no marcador e o Maniños veuse obrigado a arriscar, logrando ao remate empatar e salvar un punto.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora