Empeza o curso deportivo

As escolas deportivas de Fene poranse a funcional desde o 1 de outubro.
16 de Setembro, 2019 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

O pavillón A Xunqueira acolle as matrículas nas escolas da piscina e en xeral na múltiple oferta de escolas deportivas.

O Concello de Fene abre hoxe o prazo de matrícula nas escolas deportivas. As inscricións para a veciñanza de Fene arrancan hoxe 16 de setembro e mañá 17 para actividades de piscina e mércores 18 para as demais escolas municipais. O inicio do curso está previsto para o 1 de outubro. Na piscina, ofrécese aquagym e natación para todas as idades (dende bebés ata maiores), para embarazadas, para o postparto e mesmo natación terapéutica.

Este ano, o Concello de Fene ofrece un amplo abano de actividades, coma atletismo, pequedeporte, baloncesto, ximnasia rítmica, baile moderno, patinaxe, zumba, pilates, rehabilitación funcional, judo, karate e ioga. Ademais, celebrarase o obradoiro deportivo de “Educación física contra a fatiga oncolóxica”, que promove a entidade Por+Vida. O prazo de inscrición no mesmo será do 18 ao 24 de setembro.

O mércores 18 e o xoves 19 de setembro, as oficinas do pavillón de “A Xunqueira” acollerán as inscricións de veciños de Fene no resto das escolas deportivas ofertadas. E, para a poboación en xeral, o prazo de inscrición será entre o 20 e o 24 de setembro. O horario de atención ao público do pavillón será de luns a venres de 8:30 a 14:00 horas, se ben os días 16, 18 e 23 de setembro tamén atenderán ao público entre as 16:30 e as 19:00 horas. A matriculación nas escolas deportivas farase por rigoroso orde de inscrición.

Deportes

Publica o teu comentario agora