Empeza a verse un pouco de luz

Asistimos a goleadas inusuais nas competicións do fútbol europeo
12 de Outubro, 2020 - 07:00 h. | Publicada por Radio Fene

A volta á normalidade nas grandes competicións de fútbol está deixando situacións raras como as grandes goleadas que se rexistran. A pesar de inconvenientes como a falta de público nos estadios, polo menos a competición está aí.

ESCOITA O PODCAST:

Lanzamos hoxe a típica pregunta aos lectores, que queredes oír primeiro, a mala ou a boa noticia? Así resume o psicólogo José Barcia o que está ocorrendo coa nova normalidade nas competicións deportivas, maiormente no fútbol, o deporte de masas por excelencia. E opta pola que normalmente optamos todos: Primeiro a mala e despois a boa.

A mala é que os grandes equipos europeos están sufrindo malleiras escandalosas. Nas ligas inglesa ou alemá estanse vendo grandes e inusuais goleadas. Aí están de exemplo o Liverpool, o Bayern de Múnich ou o Manchester United. Despois do confinamento se avisaba que ían cambiar as cousas e vaia si cambiaron. Os xogadores non están preparados ao nivel que deberan para competir, nin física nin tacticamente. A isto súmase que teñen que xogar moitos partidos por semana e quizás reservan forzas para o seguinte. Moi relevante é a falta de público nos estadios, o que pode provocar que moitos xogadores se desconecten. “A falta de público semella que resta moito drama a que lles metan cinco goles, algo que non ocorrería se a goleada fose diante do seu público”. A maior incidencia das lesións ou que a política de fichaxes está a resultar cando menos extraña.

E agora chegan as boas novas na nova normalidade. “A competición sigue aí, a pesar de todo". Os equipos que estaban parados ata hai ben pouco, na 3ª e 2ª B por exemplo, están xogando encontros amigables. O mesmo ocorre noutros deportes como o tenis ou o baloncesto. O mercado de fichaxes vaise recuperando paseniño e xa é algo parecido ao que había. No fútbol afeccionado estanse buscando vías para recuperar a competición. “Deixemos os peros porque empeza a verse un pouco de luz”.

(Imaxe do partido amistoso de 3ª entre o Racing Vilalbés e o Racing de Ferrol no campo da Magdalena. 3 de outubro 2020)

Deportes

Publica o teu comentario agora