Empregados públicos contra os recortes

Empregados públicos contra os recortes

16 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os empregados públicos concentráronse esta mañá diante dos Xulgados de Ferrol para expresar a súa protesta contra os recortes. Os sindicatos reclaman suprimir gastos superfluos e suntuarios. Pola contra propóñense recortes sociais e salariais, segundo o representante sindical Rafael Aguirrebengoa.

Segundo as medidas da Xunta, o traballador público cobrará o 50% da paga os tres primeiros dias da baixa por enfermedade, o 75% do cuarto dia ao 21 e completa a partir de entón. Só se cobrará o salario completo en caso de hospitalización ou intervención cirurxica.

Sociedade