A empresa “Fútbol Coruña CB” organizará, en Caranza, un curso para saber actuar ante “accidentes” nun campo de fútbol

A empresa “Fútbol Coruña CB” organizará, en Caranza, un curso para saber actuar ante “accidentes” nun campo de fútbol

22 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A páxina web galiciadecaranza.com informa da posta en marcha deste interesante curso sobre reanimación cardiopulmonar que se desenvolverá nos locais do Galicia de Caranza o vindeiro luns. O curso estará impartido polo doutor Manuel Prego que é coordenador do Servizo de Urxencias do Hospital Santa Teresa de A Coruña.

O curso tratará distintas situacións posibles que se poden dar nun terreo de xogo de fútbol ou rugby, na cancha dun partido de baloncesto, fútbol-sala ou balonmán e en xeral, en calquera práctica deportiva que ocasionen parada cardiorrespiratoria. O curso consta de 20 prazas disponibles e duas horas de prácticas. A organización do evento corre a cargo da empresa Fútbol Coruña CB coa que o club Galicia de Caranza manten un convenio. O curso conta coa certificación de interese sanitario da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Deportes