A empresa de As Pontes, Galparquet, “parla” italiano

A empresa de As Pontes, Galparquet, “parla” italiano

31 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

No encontro internacional MadeExpo que se celebrará en Milán ( Italia) do 3 ao 6 de febreiro, que reúne ao sector da construcción e á arquitectura, contará nesta edición coa empresa de As Pontes Galparquet (adicada á fabricación e venda de parquet de alta calidade). Tras a gran acollida obtida en Domotex, a empresa galega continúa así co seu programa de participación en feiras europeas. Ubicarase no pavillón 3, M01,

Ao evento acudirán os máximos representantes da compañía pontesa (Jesús Louro, director xeral; Javier Codesido, subdirector e responsable comercial e Fernando Sepliarsky, director técnico e de marketing), que aproveitarán a ocasión para reunirse coa rede de vendas que Galparquet posúe en Italia.

 

A firma presentará as innovacións dos seus novos parquets ( XL, Horizon, Domino e City), xunto coa ampliación da liña Esencia, que xa resultaron de gran interese para o público en pasados encontros.

 

Asemade, en MadeExpo a empresa apoiará o seu creciente mercado italiano, que se consolida grazas aos seus produtos certificados (Marcado CE) e á flexibilidade da oferta, adaptada á personalización dun artesán.

Sociedade