Empuxón económico para o Auditorio de Ferrol

Empuxón económico para o Auditorio de Ferrol

14 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Deputación da Coruña investirá 309.000 euros no equipamento escénico do auditorio de Ferrol para “axudar a dar o último empuxe a unha infraestrutura necesaria para a cidade”, segundo anuncióu o presidente, Diego Calvo, esta mañá nunha visita ao Concello de Ferrol na que estivo acompañado polo alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela, e o conselleiro de Infraestruturas, Medio Ambiente e Territorio, Agustín Hern&

A Xunta aportará, tamén a través dun convenio, un total de 575.000 euros para a posta en marcha definitiva deste centro cultural con 400.000 euros procedentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e 175.000 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O Concello ferrolán será despois o encargado de contratar, executar, dirixir, controlar e recibir as obras.

O proxecto conxunto, no que colaborará a Deputación coruñesa, consiste na colocación de estruturas de apoio, maquinaria escéncia, vestido escénico e sistemas de iluminación e electrónica en xeral, o que fará posible o uso deste auditorio, aínda pechado e sen funcionar a pesar de que as obras executadas pola Xunta remataron hai dous anos./////

Despois de despachar este e outros asuntos na alcaldía ferrolá, o Conselleiro de Medio Ambiente,  Territorio e  infraestructuras, Agustín Hernández,   visitou as obras da estrada de Catabois, acompañado da delegada da Xunta, Belén Docampo, para coñecer in situ a marcha dos traballos de humanización deste vial, subvencionadas pola Xunta.  

Sociedade