En 94.900 fogares galegos ningunha persoa ten traballo

En 94.900 fogares galegos ningunha persoa ten traballo

23 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Un golpe durísimo ás perspectivas de emprego na Comunidade. A Enquisa de Poboación Activa do primeiro trimestre de 2015 confirma o freo que padece o mercado laboral galego respecto á situación no conxunto do Estado. A EPA contabiliza 275.700 desempregados en Galicia ao remate do mes de marzo, 11.900 persoas máis que en decembro de 2014. Trátase dun incremento do paro do 4,5%,

Ao Goberno galego só lle pode dar acougo a comparanza interanual do número de parados, xa que hogano habería 21.200 persoas menos sen emprego que no primeiro trimestre de 2014, unha rebaixa do 7,15%. Mais a última EPA indica que hai menos dun millón de persoas con emprego en Galicia e que o número de ocupados caeu en 12.900 persoas dende decembro, o que equivale a un ritmo de destrución de emprego do 1,9%, o duplo que a media estatal. Novamente, só botando a vista un ano atrás hai unha nova positiva: 4.700 ocupados máis que na mesma altura de 2014. A maior parte dos novos ocupados traballan no sector da construción, mais cae a ocupación no sector servizos, a industria e o primario.

O outro argumento ao que se pode aferrar o goberno para amortecer o golpe da EPA é o dato da taxa de paro que, situada no 21,8%, e sendo case un punto maior que hai tres meses, mellora o resultado do conxunto do Estado, 23,8%.

Institucional