En bicicleta por Narón

En bicicleta por Narón

09 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Narón vén de adxudicar de forma provisional o contrato para a instalación e mantemento de oito estacións de aluguer de bicicletas (con 10 postos en cada unha delas), presupostado en 139.000€. A inversión financiarase entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e o Concello, nun 70% e 30% respectivamente. O sistema de aluguer funcionará en calidade de préstamo, mediante unha tarxeta que será entregada &oa

O Concello elaborou un estudio, realizado polo Equipo de Educación Viaria do Concello de Narón, en base ó cal se instalarán as estacións de aluguer de bicicletas. Os lugares elexidos son os seguintes:

-Concello/Centro de Saúde (ubicarase unha estación nesta zona debido á importancia que ten o Concello na vida diaria dos naroneses e naronesas, ó igual que a presenza do Centro de Saúde, do Centro Comercial de Narón e de gran cantidade de actividade comercial nesta zona. Ademais ten conexión rápida coa estación de Feve, co bus urbano e outros medios de transporte como o taxi).

-Praza da Gándara (este barrio é unha das zonas con máis poboación de Narón, ó mesmo tempo que o baixo ratio de idade da mesma fai que sexa oportuna a instalación dunha estación para tratar de fomentar que os pais e nais utilicen as bicis cos seus fillos e fillas. Preténdese que a bici pase a formar parte dos medios de transporte habituais para as familias, e incluso o fomento deste medio de transporte para o desprazamento ó colexio en compañía dos pais. Nesta zona ubícanse o Pavillón Polideportivo Municipal, a Casa da Mocidade, o Colexio Santiago Apostol, e o Colexio de A Gándara, polo que permitirá o seu uso a un gran número de usuarios).  

-Centro Comercial Odeón (unha zona con gran movemento de xente, que podería acudir na bici a facer as suas compras ó centro comercial. Téntase  tamén que disfruten do seu tempo de ocio movéndose en bicicleta e podendo levar outras bicicletas de alugueiro ata esa zona, e voltar de novo á zona de orixe na mesma. Ademáis, está próxima ó carril bici da Gándara e de Caranza, e ten cerca o servizo de bus urbano e de taxis).

-Praza da Constitución (o barrio da Solaina é dinámico e con moita xente nova, que está a comenzar a empregar a bicicleta coma medio de transporte habitual. A ubicación da estación de Feve, o pavillón do Campo da Serra, as paradas de bus urbano, xunto coa cercanía a outros puntos de interese do Concello, fai axeitado este emprazamento) 

-Polígono Industrial Rio do Pozo (este parque empresarial recibe unha media de 6.000 traballadores ó día, o que fai necesario intentar fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte alternativo. A estación instalarase ó pé da base central de Protección Civil, nun dos puntos máis céntricos do polígono).

-Paseo de Xuvia- rúa Marcial Calvo (o paseo marítimo de Xuvia é un dos lugares de maior tránsito de bicicletas, debido á existencia dun carril bici e tamén á proximidade con outros medios de transporte sostibles coma o tren ou o autobús urbán. Esta estación permitirá que a xente poda pasear polo paseo de Xuvia ó mesmo tempo que poda utilizar a bici como medio de transporte para achegarse ata Piñeiros, o Concello, os institutos, o Centro de Saúde, etc…

-Institutos de Educación Secundaria-Naves de Cabalar (colocarase unha estación de aluguer de bicicletas ó carón dos IES para que os rapaces e as rapazas podan coller unha bici de alugueiro no seu barrio, e deixala xunto ó seu centro educativo, para posteriormente utilizala de novo como medio de transporte para regresar á súa casa).

-Oficina de Turismo-Parque Fluvial de Freixeiro (un punto fundamental no aluguer de bicicletas é o Parque Fluvial de Freixeiro, debido a que a presenza da Oficina de Turismo Municipal debe tratar de fomentar o uso da bicicleta por parte dos visitantes. Nese punto de información –que abre nos meses de verán- existen trípticos sobre Rutas en Bicicletas para facer turismo e coñecer os puntos máis representativos de Narón. Tamen pasa por ser un punto intermedio de aluguer e/ou devolución da bicicleta, e ata un lugar axeitado para facer exercicio pedaleando e gozar dun paseo polo seu renovado contorno).

Sociedade