En busca e captura os militares que dispararon contra José Couso

En busca e captura os militares que dispararon contra José Couso

29 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os tres militares estadounidenses presuntamente responsables da morte do cámara galego José Couso en Iraq están en busca e captura dende esta mañá. O maxistrado da Audiencia Nacional, Santiago Pedraz, vén de ordenar esa medida contra o sarxento Thomas Gibson, o capitán Philip Wolford e o tenente coronel Philip Camp co obxecto de lograr a súa extraditación e sentalos no banco perante un tribunal español. Ademais, Pedraz solicitou autorizac

A actuación do xuíz Pedraz resulta da decisión adoptada polo Tribunal Supremo a principios deste mes de xullo obrigando á reapertura do caso ao entender que a actuación do Exército dos Estados Unidos provocou danos sobre persoas e bens protexidos que son penalmente imputables aos responsables das mesmas. Os tres soldados sinalados pola Xustiza española eran os que viaxaban no vehículo de combate que disparou contra o hotel no que se aloxaba parte da prensa internacional en Iraq, quebrantando así o que establece o Dereito Humanitario Internacional.

Sociedade