En Cuba hai un pedazo de Galicia

En Cuba hai un pedazo de Galicia
29 de Outubro, 2019 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

En Cuba hai un pedazo de Galicia, destaca a profesora da Universidade da Habana directora da cátedra de Lingua e Cultura Galegas, Arantxa Fernández Crespo. Quedan arredor de 70 persoas nacidas en Galicia e emigradas ao longo do século vinte e arredor de 20 novos emigrantes do século XXI. Pero o mapa das sociedades galegas continua sendo moi rico.

ESCOITA O PODCAST:
Agrupación Rosalía de Castro. A Habana. Cuba

A Federación agrupa a 42 sociedades, e dentro dela 35 micro sociedades de Concellos e parroquias. Adícanse a coidar os panteóns funerarios pero non deben morrer. Para Fernández Crespo son a testemuña dun pasado que compre non esquecer.

Agrupación Rosalía de Castro

É una fachenda que unha entidade viva na Habana leve o nome da autora de Cantares Gallegos. A súa imaxe preside un local señorial onde se realizan espectáculos musicais e se imparten clases de baile e música. É unha das asociacións que aproveitou o seu local e as licenzas concedidas para abrir un restaurante e grupos de baile que facilitaron un saneamento económico. Quizais as institución galegas debían de poñer un pouco de interese para que o espírito e a obra da escritora continúe presente nesta asociación.
Rosalía empregou a lingua galega para dignificala e quixo desvirtuar aqueles tópicos alusivos ao pobo galego emigrante, e manifestou o seu orgullo cara ás xentes da emigración galega. Publicou o poema “Adios ríos, adios fontes” en 1861 e ao ano seguinte sae do prelo “Cantares Gallegos”. A emigración, e en primeiro lugar Cuba, vai responder fervorosamente á obra da escritora.
Segundo Xosé Neira Vilas, o Morro “garda e vixía a badía habaneira dende hai catrocentos anos, co seu faro lanzal cuxa imaxe deu a volta ao mundo. Temos á dereita o Malecón, cinguindo en cobregueo a populosa cidade, e á esquerda ollamos a fortaleza da Cabaña e o barrio de Casa Blanca”. En todos eses lugares, hai pedazos de Galicia.

NEIRA VILAS, XOSE. Galegos no golfo de México. Ed. do Castro. Sada 1980

Cultura

Publica o teu comentario agora