En decembro quedaremos mán sobre mán

En decembro quedaremos mán sobre mán

02 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

En decembro quedaremos man sobre man, afirma o presidente do comité de empresa de Navantia Fene Jorge Prieto Ulfe. Nesa data remataráse de construir a “cama” para o buque australiano “Adelaida”. O LHD 01 emprenderá a singladura con destino a Oceanía e a desocupación afectará á totalidade dos traballadores dos estaleiros ferroláns.

Da construción do “berce” encárganse aproximadamente uns 30 operarios, do total de 317 que nestes momentos integran o cadro de persoal da factoría de Perlío. O resto adícanse a formación, reciclaxe e mantenemento das instalacións. Dende que Núñez Feijoo chegou á Xunta de Galicia no 2009, e Mariano Rajoy á Moncloa no 2011, non houbo contrato ningún para Navantia na ría de Ferrol. “Prometeron remolcadores, quimiqueiros, buques flotel e gaseiros pero só hai fume, non temos nada, nen no civil nen no militar” manifestou Jorge Prieto, que confirmou a continuidade das movilizacións, que se concretarán nos vindeiros dias.

Sociedade