En Kaiak

Un total de 33 rapaces e rapazas participan na actividade.
18 de Xullo, 2019 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Arrancan na praia de Almieiras os cursos de kaiak organizados polo Concello de Fene.

Arrancan na praia de Almieiras os cursos de kaiak organizados polo Concello de Fene. Un total de 33 rapaces e rapazas participan na actividade.

Un total de 33 rapaces e rapazas participan dende esta semana nos cursos de kaiak organizados polo Concello de Fene no marco da programación municipal de actividades de verán. Desenvolveranse ata finais do mes de agosto na praia de Almieiras (Limodre) en dúas quendas: luns e mércores e martes e xoves. Nos dous casos, en horario de mañá. Participan nos mesmos nen@s e moz@s maiores de 8 anos e, o único requisito, era saber nadar.

Deportes

Publica o teu comentario agora