En lembranza de Lois Barros

En lembranza de Lois Barros

14 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Un concerto en lembranza de Lois Barros, acto central da lembranza esta fin de semana do 78 aniversario da II República.  O colectivo republicano de Redondela desenvolverá diferentes actividades este fin de semana co gallo desta conmemoración do 78 aniversario da II República.

Un programa que arrancará o sábado ás 20:30 horas cunha ofrenda floral e a lectura dun manifesto por parte do colectivo na praza da II República. Media hora despois no multiusos haberá un concerto a cargo de Lorena, Diego e Irene. Palabra e música galega e latinamericana nun acto no que se lembrará a Lois Barros Hermida.

 

Xa o domingo os actos trasladaranse ao cemiterio dos Eidos, cunha ofrenda floral e lectura dun comunicado na foxa común a unha e media do mediodía. As dúas haberá un xantar de confraternidade republicana no lugar da Miñoteira en Ventosela. Os que queiran acudir ao xantar poden retirar os seus bonos no café da vila e en cal3 a un prezo de 15 euros.

Sociedade