En marcha a Auditoria sobre a EDAR de Ferrol

En marcha a Auditoria sobre a EDAR de Ferrol

28 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ferrol celebrou Xunta de goberno esta mañá. O alcalde Jorge Suárez anunciou que xa comezou a traballar a Auditoria coa Universidade da Coruña, na elaboración do informe que logo se elevará á Fiscalía para que esta determine as responsabilidades penais ás que houbera lugar pola ocultación de que a EDAR non estaba depurando as augas residuais. Suárez adiantou que o venres 2 de outubro manterá unha xuntanza con Augas de Galicia

A primeira tenente de Alcalde, Beatriz Sestayo, aproveitou esta comparecencia para agradecer ao resto do goberno local e ao alcalde en particular a súa defensa frente ás difamacións ás que está sendo sometida a súa persoa e o seu traballo no concello. Refírese Sestayo a un medio de  comunicación que nos últimos días ten á edil socialista no punto de mira. Sestayo tamén anunciou que Ferrol vai ter un Protocolo propio de seguridade e prevención contra a violencia de xénero. Esta semana comeza a redaccción na que participan o Centro de Información á Muller, a Casa de Acollida e a policía local.

Sociedade