En movemento

En movemento
28 de Agosto, 2019 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá concertos o 18 de setembro en Vite, o 19 nas Fontiñas, o 20 en Conxo, o xoves 26 no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela  e o venres 27 de setembro en Ferrol. Coa dirección de Joana Carneiro interpretará pezas de Adams e Chaikovski. Queren deleitar formando e fortalecendo a cultura musical.

Sabela García Fonte, directora técnica da Real Filharmonía de Galicia

A Filharmonía estreará a ópera de Fernando Buíde “A amnesia de Clio”. A orquestra ofrecerá o curso que comeza en setembro seis obras novas e volverá de xira internacional. O programa 2019 – 2020 inclúe vinteduas sesións de abono, unha xira por Austria e dezaoito actuacións en cidades galegas como Vigo, Ferrol e Pontevedra.

Queren achegar a música clásica ao gran publico.
 A actividade ordinaria da Real Filharmonía comezará o vintecinco de setembro baixo o lema “En movemento”. Terán continuidade as súas propostas didácticas, os concertos por barrios, os familiares e os solidarios. Presentaron o programa o director titular e artístico da Real Filharmonía de Galicia Paúl Daniel e a directora técnica Sabela Garcia Fonte.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora