En pé de guerra contra a violencia de xénero

En pé de guerra contra a violencia de xénero

22 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, pretende poñer en marcha novos mecanismos que consoliden o “Protocolo de actuación para a atención integral a vítimas de violencia de xénero”, elaborado no ano 2008 entre diferentes organismos. Abordaranse o estudo da viabilidade de crear unha comisión para a violencia de xénero. Ademais analizarase o tratamento de dous temas de especial relev

Para tratar estas cuestións o Concello de Ordes organiza unha reunión á que están invitadas as institucións implicadas no protocolo, como corpos e forzas de seguridade, xulgados, servizos sanitarios e servizos sociais e a Subdelegación do Goberno. A reunión terá lugar o vindeiro luns día 25 de outubro na Casa do Concello de Ordes. Nesta iniciativa tamén colabora a ONG Ecos do Sur.

Como complemento e reforzo a esta actividade e ao protocolo, tamén se levarán a cabo diferentes accións formativas dirixidas ao personal das institucións implicadas, co fin de que coñezan todas as novidades e información acerca desta problemática. 

Outra das actuacións será a elaboración de dípticos, dirixidos especialmente a mulleres inmigrantes vítimas de violencia de xénero. Uns dípticos que se editarán en varios idiomas, castelán, inglés, francés e árabe, e nos que se recollerán diferentes cuestións como o que é a violencia de xénero, a onde se pode acudir no caso de ser unha vítima, e outras cuestións de especial interese para estas mulleres migrantes. 

Sociedade