En perigo a ameixa das Pías

En perigo a ameixa das Pías
21 de Xullo, 2020 - 11:23 h. | Publicada por Radio Fene

A caída na producción da ameixa no banco das Pías evidenciouse nos últimos cinco anos. A presencia do patóxeno "perkinsus" non explica toda esa caída.

ESCOITA O PODCAST:

Tardouse coa depuración da ría, houbo cambios de correntes a causa da construcción do porto exterior, hai lodos acumulados e bancos perdidos. Son algúns dos males que acumula a ría de Ferrol aos que se ven sumar o informe encargado pola Consellería do Mar a Intecmar que deu como resultado a presencia do patóxeno “perkinsus” no 73% do banco marisqueiro das Pías. Esa é unha razón que pode explicar parte caída da producción de ameixa pero iso só non explica o descenso que levan visto desde hai cinco anos. Para o patrón da Confraría de Barallobre, Jorge López Pena, con ser importante a presencia deste patóxeno, hai máis dunha razón para chegar á situación actual e demanda que a Xunta faga un estudo a fondo do porqué da perda de producción de ameixa que leva caendo nas Pías desde hai cinco anos, a razón do 50% cada seis meses.

As especies reproductoras caeron nese período, de 100.000 a 19.000, en palabras do patrón maior de Barallobre. A situación actual, máis despois da perda adquisitiva provocada pola Covid19, móvese entre dúas alternativas, o cese de actividade ou o paro biolóxico. No primeiro caso, a xente para de traballar , se lle exime o pago do seguro e cobra unha axuda compensatoria. No caso do paro biolóxico, que deben decidir a Xunta e Europa, hai tantos requisitos que cumplir que algunha xente podería quedar fora das axudas (como por exemplo o marisqueo a pé).

(Vista da ría desde a ribeira de Barallobre-Maniños)

Sociedade

Publica o teu comentario agora