Encéndense os motores

O Slalom Scratch Fene, solidario coa Cociña Económica
26 de Novembro, 2020 - 01:44 h. | Publicada por Radio Fene

O Slalom Scratch Fene arranca o sabado 28 no polígono industrial de Vilar do Colo. Á proba de Fene acudirá o actual líder da competición, Manuel Trevín.

A proba raíña do Campionato Galego de Slalom será moi diferente neste 2020 marcado pola pandemia. A asistencia de público non estará permitida e a proba retransmitirase en directo pola canle de Youtube de Escudería Scratch Fene. Un total de 24 serán xs pilotxs que loitarán pola victoria nesta proba xa clásica dentro do certame galego. Entre eles, destaca Manuel Trevín, subcampión en 2018 e actual líder, logo da súa victoria no I Slalom Concello de Guitiriz e Diego González, terceiro clasificado na proba chairega e vencedor en 2019 nesta proba. A eles, haberá que sumar ó piloto local excampión galego da modalidade, Rubén Gandoy que, de seguro, vai poñer difícil a loita pola victoria.

Nun contexto de crise coma o actual, Scratch Fen, non poderá colaborar coa tradicional Ruta Turístico Solidaria de Ferrolterra que ano tras ano, reune a afeccionados ó motor e serve coma punto de recollida de alimentos para a Cociña Económica de Ferrol. Desta volta, ó non poder organizarse ese evento, Scratch Fene tomou a decisión de empregar o XVI Slalom Scratch Fene, nun evento solidario no que tódolos membros de organización e participantes, farán unha doazón de alomenos, 5 quilogramos de alimentos por cabeza.

Scratch Fene, non quere deixar de agradecer ó Concello de Fene a súa aposta por un evento consolidado e que representa a actividade deportiva máis importante da localidade na que será a súa décimo sexta edición. Ademáis, o Concello e Scratch Fene, en agradecemento ó apoio recibido durante todos estes anos polos negocios e empresas da comarca para que esta proba fose unha realidade, este ano puxemos en circulación unha revista dixital na que aparecen tódolos colaboradores coma apoio a todos eles e se manteñen os torfeos especiais celebrados en 2019:

Trofeo KIA Corgalo mellor piloto de Scratch Fene

Trofeo Ortegal Oil a mellor participante feminina

Trofeo Hyundai Finisterre Motor o mellor piloto menor de 25 anos

Trofeo Talleres Gandoy ó mellor debutante este ano en competición

Trofeo Renault Talleres Ramos ó mellor piloto da marca do rombo

Trofeo Talleres Venezuela ó mellor piloto maior de 45 anos

Deportes

Publica o teu comentario agora