Encarar a seca

Fene vai adoptar medidas preventivas ante a falta de auga
24 de Xullo, 2019 - 09:23 h. | Publicada por Radio Fene

Magalofes e Sillobre son as parroquias susceptibles de ter máis problemas ante a seca. As vivendas que dependen dos seus pozos como único suministro, son as máis vulnerables.

ESCOITA O PODCAST:

O concello de Fene ponlle cara ás posibles emerxencias de falta de auga nos meses de verán. A Xunta aprobou recentemente un novo plan de emerxencia ante a seca que de momento se aplica a concellos de máis de 20.000 habitantes pero nun par de anos esixirase a localidades máis pequenas.

Fene comezou xa a prepararse e solicitou á Xunta de Galicia unha subvención para elaborar o seu plan de emerxencias ante a seca. Ese plan pode conlevar novas conducións e novos puntos de abastecemento onde hoxe en día non existen.

Aínda así, en palabras do alcalde de Fene, Gumersindo Galego, dende o concello xa están acometendo medidas de emerxencia, trasladando auga na motobomba a vivendas particulares que xa a precisan. (na imaxe Fonte do campo. Fene)

Institucional

Publica o teu comentario agora