Encontro interxeracional para votar á primeira hora en Narón

Encontro interxeracional para votar á primeira hora en Narón

01 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Tranquilidade e normalidade son as palabras máis repetidas á hora de describir como transcorreu o inicio da xornada no Local Social de Piñeiros, no concello coruñés de Narón. Neste colexio electoral atópanse dispostas catro mesas nas que están chamados a votar 2505 veciños. Segundo o reconto realizado ás 11.30 horas, só depositaron a súa papeleta 200 persoas, o que supón preto dun 8% do censo. Trátas

No capítulo das pequenas incidencias, a primeira hora produciuse unha reclamación por mor da existencia dunha pancarta reivindicativa e publicidade electoral no entorno do colexio. Na fachada do Local Social de Piñeiros levaba meses colgada unha mensaxe en contra do Plan Sectorial de Vivenda, que proxecta nesta zona unha actuación á que se opón unha plataforma de vecinos. Esta pancarta de protesta foi retirada pola súa incompatibilidade coa neutralidade electoral, xunto con varios carteis de propaganda política que anunciaban mitins xa celebrados.
 

No eido das curiosidades sinalar que trala apertura das urnas produciuse un “encontro interxeracional”. Os máis rápidos en achegarse ao colexio foron os maiores e os novos lugar. A persoas de máis idade, comentáronos os representantes das mesas, adoitan ser os máis madrugadores á hora de exercer os seu dereito democrático e nesta ocasión uníronselle un grupo de mozos que pasaron a deixar a súa papeleta directos dos locais de marcha antes de ir durmir. Hai que ter en conta que este colexio atópase nun treito da Estrada de Castela onde se concentra a maior parte do ocio nocturno de Narón.

Sociedade