ENDESA reciclará as cinzas da central de As Pontes na industria cementeira galega

ENDESA reciclará as cinzas da central de As Pontes na industria cementeira galega

05 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Central Térmica de As Pontes porá en marcha un programa de reciclado de cinzas baseado no seu aproveitamento por parte da industria cementeira. Estes residuos xerados pola combustión do carbón empregaranse para a fabricación de cemento nas plantas que posúe a Corporación Noroeste en Oural (Sarria) e Narón. Desta maneira, a compañía propietaria da Central, Endesa, permite reutilizar un subproduto na elaboración doutro, res

Este emprego está avalado por un estudo da Universidade de A Coruña, que determinou a idoneidade das cinzas para agregalas ao cru no proceso de fabricación do cemento, para mesturalas con cinzas doutra procedencia na elaboración de clínker, ademais da estabilización de residuos ou metais pesados. Polo contrario, a investigación estableceu a imposibilidade de emplealas directamente na produción de cementos, hormigóns, morteiros ou pezas prefabricadas. Este uso de cinzas en procesos industriais está regulado pola normativa europea REACH, que establece as condicións precisas de reciclado e esixe certificar o fin que se dará aos seus produtos.

 

Ata o momento en que Endesa Generación pechou a súa mina de As Pontes, as cinzas producidas empregábanse na restauración da escombreira da mina. Sen embargo, unha vez que esta actividade rematou era preciso buscarlle unha nova utilidade. Foi aquí onde entrou a Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade de A Coruña, á que se lle encargou un estudo sobre as diferentes posibilidades de reciclar as toneladas de cinzas que producen anualmente as catro caldeiras da Central pontesa.

Para o seu novo emprego, Endesa escolleu dúas prantas da Corporación Noroeste. A primeira, Materiales del Noroeste, é unha molienda de cemento situada no concello coruñés de Narón. A segunda é Cementos Cosmos, unha das principais fábricas deste material de Galicia e que está situada en Oural, dentro do concello lucense de Sarria.

Esta non será a única industria que gaña con esta iniciativa, dado que desde Endesa tamén se establece que o sector do transporte tamén se verá beneficiado, xa que se prevén uns 2.800 viaxes anuais en camión a estes dous concellos.

Sociedade