Enerxía, valentía e despistes

Enerxía, valentía e despistes
29 de Outubro, 2018 - 12:47 h. | Publicada por Radio Fene

Un Maniños disposto con enerxia e coa valentía que acostuma a amosar no campo do Pote. Goles de Carlos (23´) Fuguillas (63) e Miragaia (89). No minuto 36 foi expulsado o porteiro visitante, despois de derribar a Carlos cando se dirixía cara á portería.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Tono Santos

“O Eume ten moita experiencia na Primeira Galicia de fútbol e empezou mellor ca nós que tíñamos medo a errar. Despois do gol de Carlos, creamos catro ocasións claras de gol pero non materializamos. En catro minutos despois da expulsión do porteiro, despistamonos, perdimos intensidade, deixámoslle a iniciativa e chegaron a porta con moito perigo” indica o adestrador do Maniños Pablo Mesa. Na segunda parte, o Maniños recompuxose e os de Pontedeume sofriron un gran desgaste físico ao ter que xogar con dez.

Deportes

Publica o teu comentario agora