Entre Gary Cooper e Luis Buñuel

Entre Gary Cooper e Luis Buñuel
29 de Marzo, 2020 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

Coñeceu a Federico García Lorca e a Alejo Carpentier. Traballou con Americo Castro e con Luis Buñuel.Era de Mugardos. Xosé Rubia Barcia, un intelectual de primeira liña, escasamente coñecido en Galicia porque a dictadura era incompatible co seu espiritu libre.

Xosé Rubia Barcia e Luis Buñuel

Rubia Barcia exiliouse en 1939 para salvar a vida. Despois de pasar por Francia, en maio dese ano embarca rumbo a Cuba, onde ten vínculos familiares. Traballa na radio e no cine, monta espectáculos teatrais, colabora en diversas revistas, publica as súas primeiras obras de creación. El era fillo das circunstancias, segundo declaraba nunha entrevista en Radio Fene. Rubia Barcia tamén mantivo amizade co director de cine Luis Buñuel. Co cineasta foi a Hollywood en 1943 e comezou a traballar na doblaxe de películas para Hispanoamérica. Púxolle voz a Gary Cooper entroutros actores de sona. 

Ao chegar á Habana pasa polo campamento de Triscornia de onde o reclaman dous tios seus. Xosé Rubia Barcia pronuncia conferencias, participa na fundación da Escuela Libre da Habana e dirixe unha Academia de Artes Dramáticas.

En 1943 Américo Castro convídao a ditar cursos na Universidade de Princeton. Xa nos Estados Unidos, traballa como redactor e locutor de español nunha emisora de radio en Nova York.

Entre as súas obras González Herrán comenta Tres en uno. Auto sacramental a la antigua usanza”. Aínda que a obra aparece publicada na Habana en 1940, editada por Manuel Altolaguirre e con prólogo de Raúl Roa, a súa redacción comezara en Barcelona dous anos antes, en plena guerra. Consta como o seu autor un tal «Juan Bartolomé de Roxas». Leva un epílogo asinado por José Rubia Barcia, onde se explica a idea xerminal e o sentido desta curiosísima experiencia dramática, que aplica o maxisterio calderoniano a unha meditación sobre o desacougante mundo actual, marcando unha liña que se adianta en vinte anos ao que será o «teatro do absurdo». Rubia Barcia, intelectual de primeira liña faleceu en California en 1997.

Cultura

Publica o teu comentario agora