Entrega das Medallas de Investigación 2020

Entrega das Medallas de Investigación 2020
05 de Outubro, 2020 - 01:15 h. | Publicada por Radio Fene

Cinco investigadores galegos recibirán, este xoves, os galardóns da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC). Entre os premiados atópase persoal da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e da Universidade de Vigo (Uvigo).

José Manuel Sabucedo, premiado na sección de Ciencias Económicas e Sociais.

As Medallas de Investigación 2020, galardóns da Real Academia Galega das Ciencias, entregaránse este xoves 8 de outubro en Santiago de Compostela. Ademais, na cerimonia que se celebrará no Colexio Fonseca, homenaxearase a Andrés Comerma. É o  deseñador do Dique da Campá, que se considera a mellor obra hidráulica do século XIX en España e atópase no Arsenal de Ferrol.

Carlos Salgado será premiado ca  adicada as Matemáticas, Física e Ciencias da computación.   Jesús Simal, pola súa parte, destacou no ámbito da Química e Xeoloxía, e Xosé Ramón Nóvoa destacou no ámbito das Ciencias Técnicas. Na esfera das Ciencias Económicas e sociais o galardoado será José Manuel Sabucedo. Por último,  a Luís Miguel Botana, correspóndelle a medalla de Bioloxía e Ciencias da Saúde, que leva o nome da ferrolá Ángeles Alvariño oceanógrafa, zoóloga e precursora na investigación oceanográfica mundial

 

Institucional

Publica o teu comentario agora