Entrega dos diplomas aos participantes no curso de graduado en ESO para adultos celebrado en Ordes

Entrega dos diplomas aos participantes no curso de graduado en ESO para adultos celebrado en Ordes

01 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, acompañado pola concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silviar Marín, facía entrega onte pola tarde dos diplomas do curso de graduado en ESO para adultos que se celebrou no municipio e que estivo promovido pola Concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade e subvencionado pola Xunta de Galicia.

Un curso que daba comenzo o pasado mes de novembro e que para algúns dos alumnos remata agora coa obtención do título, e para outros na convocatoria de setembro ao non ter superados os exames en xuño. 

No acto, que tivo lugar na Casa da Cultura, o alcalde felicitou aos alumnos e alumnas ordenses que superaron as probas e conseguiron o título, así como animou ao resto a seguir traballando para conseguilo na convocatoria de setembro. Regos fixo fincapé na importancia da formación á hora de encontrar un traballo ademais de contribuir ao propio desenvolvemento persoal. 

Dos 22 alumnos e alumnas ordenses que se presentaron aos exames, foron 15 os que conseguiron o graduado en ESO, tendo Ordes unha porcentaxe de aprobados nesta convocatoria dun 68,18%, moi superior á de Santiago, polo que o alcalde, Manuel Regos e a concelleira, Silvia Marín, tamén quixeron felicitar tanto aos participantes como á súa profesora. 

Tras a entrega dos diplomas un orientador do IES Nº1 realizou unha charla co fin de dar información aos alumnos e alumnas ordenses sobre as posibles alternativas das que disporán agora trala obtención do seu título.

Sociedade