Envorca un autocar no termo municipal de Oleiros

Envorca un autocar no termo municipal de Oleiros

18 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Mañá accidentada nas estradas galegas pola humidade do orballo. As catro provincias galegas rexistraron distintos accidentes. O sinistro máis grave aconteceu no termo municipal de Oleiros. Catro persoas resultaron feridas leves ao envorcar o microbús de liña regular no que viaxaban. As 9 persoas e a conductora que ían no vehículo foron liberadas polos bombeiros de Arteixo nun aparatoso rescate pola porta traseira e polo teito do bus.

O suceso produciuse sobre ás oito  e media  desta mañá na estrada CP1717, no punto quilométrico 1,2, en Oleiros.  O autocar de 15 prazas, que cubría o servizo regular de viaxeiros entre O Burgo e Lorbé, saíuse da vía. Catro dos ocupantes sufriron contusións e feridas leves  e foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, aínda que en principio non sofren feridas de gravidade.

Na estrada entre Dasilva e Cerceda e no túnel dos Castros, na entrada á cidade de A Coruña tamén envorcaron dous turismos. Os seus ocupantes resultaron ilesos.

Sociedade