Equilibrio entre Moreda e Lage na batalla polo PSOE da Coruña

Equilibrio entre Moreda e Lage na batalla polo PSOE da Coruña

01 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A elección de delegados ao Congreso do PSOE da Coruña mantén as espadas en alto ata a cita que se celebrará o vindeiro sábado 7 de novembro na cidade herculina. Salvador Fernández Moreda e José Manuel Lage Tuñas competirán na elección a secretario provincial. Fontes cercanas ao deputado do Barbanza aseguran que cada un dos candidatos contan cunha cifra de 65 delegados fieis. Existe un colectivo duns 20 delegados indecisos que ter&aacut

Moreda, pretende aportar á nova estructura do PSdeG capacidade de interlocución, prestixio, peso político e coñecemento directo dos 94 municipios da provincia. Lage Tuñas levanta a bandeira da renovación e manifestase contrario á acumulación de cargos.

No Congreso elexiráse primeiro secretario provincial. A persoa que resulte elexida configurará unha candidatura para executiva que logo someterá ao Congreso provincial. Os alcaldes de A Coruña, Ferrol e Santiago apoian a Salvador Fernández Moreda, presidente da Deputación provincial. José Manuel Lage conta co respaldo dos rexedores de Noia, Fene e Cedeira.

Sociedade