Equo pretende que o “voto verde” prenda en España como o fixo en Alemaña

Equo pretende que o “voto verde” prenda en España como o fixo en Alemaña

10 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Foi a máis noviña en chegar e unha das que máis balbordo está a facer. O proxecto político chamado EQUO, que no caso galego presenta listas na Coruña, Ourense e Pontevedra. Herdeira do Partido Verde Europeo, a organización que lidera como candidato ás Cortes Juan López de Uralde, antigo director de Greenpeace España, fundouse en setembro de 2010 e un ano despois aspira a representar a ecoloxía política no Congreso. De ecolox

Nos carteis electorais de Equo pódense ler tres slogans: “Recupera a ilusión, rexenera a democracia, e recicla o teu voto”. As mensaxes diríxense a un dos obxectivos que figuran no manifesto do partido, e que pasan por “repolitizar a sociedade” e “civilizar a política”. Néstor Quintana fai fincapé na aposta da súa formación por rematar coa desafección cidadá cara a caste política, recuperando modelos de participación que desapareceron, como os referendos. Ademais, aspira a que por vez primeira o “ecoloxismo político” teña representación nas Cortes con varios representantes, aos que conta con poder achegar un ou dos deputados dende Galicia. Quintana critica que en países como Alemaña o “voto verde” represente xa o 20 por cento do total e en España se queira facer ver que o ecoloxismo é algo “marxinal” que consiste en “salvar baleas”.

Equo non presenta lista pola provincia de Lugo porque non foi posible conseguir os avais precisos. A formación constituíse na Comunidade o pasado mes de xullo e a reforma da lei electoral e o anticipo dos comicios complicaron a recollida de sinaturas. Porén, aseguran que o proxecto xa está consolidado e que excede o carisma persoal do seu aspirante á Presidencia do Goberno, Juantxo López de Uralde. O voceiro coruñés de Equo salienta que o ex responsable de Greenpeace en España foi elixido como líder nun proceso de primarias abertas.

No que atinxe ás propostas de campaña, Equo formula cambios para mellorar a representación política, substituíndo o reparto proporcional do método D'Hont polo Hare; no modelo produtivo, reemprazando a aposta polo ladrillo en favor das enerxías renovables que en España contan con gran potencial; e tamén unha mudanza na estratexia laboral para rebaixar o paro reducindo a xornada ás 35 horas semanais.

Institucional