Escasa construción de xogo

Escasa construción de xogo
13 de Xaneiro, 2020 - 10:54 h. | Publicada por Radio Fene

“Non fixemos xogadas colaborativas e témonos que esixir máis no aspecto ofensivo” afirma o adestrador do Pote Manuel Freire. “Seguimos competindo nos partidos pero xa nos fai falla unha vitoria para coller moral e ánimo”. Na Segunda Galicia de fútbol, Narahío 3 – 1. O Pote.

ESCOITA O PODCAST:
O Pote. Segunda Galicia de fútbol.

“Na primeira parte case non crearon perigo e nós tivemos algunha ocasión a balón parado. Despois do descanso, comezamos ben pero metéronos dous goles moi rápido e o que marca primeiro da dúas veces” indica o técnico de Maniños. Cando o equipo visitante empeza a crear ocasións, chega o terceiro tanto nun mal balance defensivo e no último cuarto de hora xa lle custou chegar ao Pote.

Deportes

Publica o teu comentario agora