A Escola de Tae kwon-do vilalbesa Moo Duk Kwan participa nun Seminario internacional en Portugal

A Escola de Tae kwon-do vilalbesa Moo Duk Kwan participa nun Seminario internacional en Portugal

30 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A escola vilalbesa de Tae-kwon-do, Moo Duk-Kwan ven de participar nun Seminario Internacional celebrado en Valongo, Portugal, que estivo organizado pola Associaçao Tae Kwon - Do de Porto, a escola de Tae Kwon-Do do l Grupo Recreativo e Cultural Estrelas susanenses e apoiado pola Cámara Municipal desta vila lusa.

O obxectivo deste seminario era o de situar ao Tae Kwon-Do dentro do contexto preciso para que o alumnado puidese modificar o carácter desta actividade e darlle un ton máis marcial e non só deportivo. Por isto, os contidos se dividiron entre unha parte teórica e outra práctica, onde se aplicaron os conceptos desenrolados nas clases a situacións reais de combate.

Un dos puntos fortes foron as clases de altos grados de aplicación do Tae Kwon Do á defensa persoal, impartidas polo mestre coreano Uh Soo Il. Outro dos temas tratados foi a recuperación e o coñecemento de técnicas dentro da práctica dos pumses. Nesta formación tampouco se esqueceu da base, tanto en Sonkisul Maki, Sonkisul Kongkiop, Balkisul Kongkiop, como Soguisul, todo sen as influencias da actual competición de formas.

Nesta actividade participaron tamén mestres doutra disciplina, como é o caso do Karate, con Goju Ryu, Sensei Antonio Campos e o Sensei Vasconcelos, quenes viron que dentro do Tae Kwon-Do existe tamén a practica marcial, o que tendeu unha ponte como nexo en común entre estas dúas artes marciais.

O seminario rematou coa visita do presidente da Cámara Municipal de Valongo e cun xantar de confraternidade entre os alumnos das diferentes escolas participantes.

Sociedade