A Escola de Teatro de Narón estrea Onde andas, Karl?

A Escola de Teatro de Narón estrea Onde andas, Karl?

24 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O terceiro curso da Escola de Teatro de Narón estrea, baixo a dirección de José Luis Prieto, mañá xoves ás 20,30 h. no Pazo da Cultura a obra de Rubén Ruibal Onde andas Karl?. A pregunta fai referencia ao filósofo e político alemán Karl Marx, o pai do marxismo. O autor (Ribadeo, Lugo 1970) gañou no 2007 o Premio Nacional de Literatura Dramática e no 2005 o Premio Alvaro Cunqueiro de Textos Teatrais. Escribiu

Yolanda Lozano, Keke Díez, Sena Hermida, Maite Da Costa e Leandro Lamas son os actores da obra. O autor Rubén Ruibal define o texto como un disparate musical doblemente marxiano. Tamén sinala que se trata dun esperpento político-filosófico. Como alternativas o define como unha comedia funeraria ou un tristérrimo circo desorganizado arredor do busto de Marx no cemiterio de Highgate por causa da súa ausencia; falar é de balde. José Luis Prieto, o director da obra, indicou en Radiofusión que é unha ventaxa montar un texto dun autor vivo e próximo.

 

Cultura