A escola Moo Duk Kwan de Tae Kwon-Do de Vilalba viaxa a Corea

A escola Moo Duk Kwan de Tae Kwon-Do de Vilalba viaxa a Corea

20 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A localidade coreana de Muju celebrou recentemente, o 2 de xullo, a World Tae Kwond-Do Culture Expo, un evento no que participaron un total de 30 países e máis de 1500 deportistas.
Dende Vilalba dezaseis deportistas da escola Moo Duk Kwan trasladáronse a Corea e trouxeron, ademáis da riqueza cultural, tres medallas de ouro, catro de prata e dúas de bronce.

Na viaxe participaron afeccionados, deportistas, técnicos, clubes ou familiares que poideron asistir a un acto adicado plenamente a arte marcial.
Os asistentes aproveitaron para coñecer varias cidades de Corea, a cuna do taekwondo, así como disfrutar da súa cultura e tradicións.

En canto ós resultados do grupo vilalbés logrados na competición de técnica hai que destacar que foron moi positivos. Así, conseguiron medalla de ouro Beatriz Domínguez Romero, David Faro Camena e Iris Vidal Fungueiriño; en canto ó segundo posto, á medalla de prata, levárono José Manuel Soto Dapena, Juan Jose Barja Graña, Natalia Vázquez Olveira e Paulo Jorge Ramos Vilaça;a medalla de bronce lográrona Víctor Costado Lima e Juan Carlos Pérez Camino.

Sociedade