A escola onte e hoxe

A escola onte e hoxe
15 de Xuño, 2020 - 01:52 h. | Publicada por Radio Fene

Lembrando a Leiras Pulpeiro a través de Carvalho Calero e Bieito Cupeiro.

ESCOITA O PODCAST:

"O escritor mindoniense Manuel Leiras Pulpeiro ten persoalidade, unha persoalidade destacada, briosa e estensa, un temperamento acusado e atractivo. A súa poesía é moi viva e, dende logo, galega polos catro costados", segundo Carvalho Calero na Historia da literatura galega. A lingua de Leiras é maravillosamente rica en termos concretos e dunha enxebre sintase. É un galego comarcal dun sabor inesquecibre.

O poeta Leiras Pulpeiro pola súa condición de médico estaba en contacto permanente co noso campesinado, segundo apuntaba o mestre de Barallobre exiliado en Arxentina, Bieito Cupeiro.  Cupeiro recitaba o poema de Leiras Pulpeiro no que relata o diálogo entre unha muller maior e o seu neto cando van os dous cara á escola. O pequeno non ía de boa gaña á escola. E a súa avóa aplícalle unha boa receita, dalle unha labazada para convencelo. Leiras Pulpeiro morreu en Mondoñedo en 1912.

 

 

(Na imaxe, casa na que viviu Leiras Pulpeiro en Mondoñedo)

Cultura

Publica o teu comentario agora