Escolares da Cía. de María visitan o porto de Ferrol

Escolares da Cía. de María visitan o porto de Ferrol

26 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Perto de cincuenta escolares de segundo curso de primaria do colexio Compañía de María disfrutaron dunha xornada de visita didáctica ás instalacións do Porto de Ferrol. Acompañados dos profesionais da Autoridade Portuaria os estudantes fixeron un percorrido polas diversas estancias do porto nas que pudieron contemplar os diferentes traballos e operacións da actividade portuaria ferrolá.

A primeira das paradas do itinerario levou aos estudantes as instalacións do Porto Exterior de Cabo Prioriño onde lles mostraron o xeito de traballar e as diferentes operación que se desenrolan a diario.

Posteriormente trasladáronse á dársena interior onde fixeron unha visita ó Centro de Control e Seguridade e ó peirao de Curuxeiras onde pudieron contemplar a actividade de toda a ría de Ferrol. Os profesionais da Policía Portuaria departiron tamén cos rapaces explicándolles tódolos detalles do seu traballo. Finalmente os nenos e nenas remataron a xornada facendo unha parada da Sala de Exposicións do Porto de Ferrol onde por sorpresa se atoparon cunha mostra dos dibuxos que días antes estiveran preparando na escola co gallo desta visita. Alí foron recibidos polo presidente da Autoridade Portuaria, Ángel del Real, que disfrutou cos alumnos dunha merenda preparada para a ocasión.

A dirección do Porto de Ferrol manifestase pola súa banda satisfeita deste tipo de iniciativas que serven de canle para estreitar as súas relaccións coa cidadanía mediante o achegamento da realidade portuaria da súa cidade.

Sociedade