Escribamos un diario

Escribamos un diario
18 de Maio, 2020 - 02:22 h. | Publicada por Radio Fene

Palabras galegas hoxe no obradoiro Máis Memoria das Tardes Activas dos Servizos Sociais municipais de Fene. E música, dos Tamara e dos Bravos, para recordar.

ESCOITA O PODCAST:

Como non ía acertar Juan Vargas os retos musicais que lle puxeron esta mañá no obradoiro Máis Memoria dos SS SS de Fene. Os Tamara e os Bravos son da súa época e non dubidou nen un segundo cando soaron as notas de Mi tierra gallega e Black is black. Con Los Zares debutou Juan no Perla, no ano 1969.  Esta mañá recordou tamén as actuacións no Inferniño de Ferrol onde tiñan seguidores incondicionais.

O obradoiro Máis Menoria tamén se fixo eco hoxe do Día das Letras Galegas celebrado o domingo, preguntando polo significado de determinadas palabras galegas a outro participante, Ignacio, quen acabou cun notable tras as súas respostas. Xoaniña e xanela foron os fallos, pero acertou, arroutada, lusco fusco ou axouxere.

Para a próxima semana o monitor, Fernándo Bermúdez, lanzou o reto de escribir un diario. Nunha libreta, os participantes do obradoiro e quen o desexe, apuntarán ao remate do dia todo o que lles pasou durante a xornada.

Institucional

Publica o teu comentario agora