Escribir é unha bendición

Escribir é unha bendición
16 de Xaneiro, 2020 - 10:18 h. | Publicada por Radio Fene

A superación dun problema en psiquiatría non equivale a curación, senón a prevención, normalización, recuperación e integración. Diso fálase no proxecto “Non hai espellos nos manicomios”. O escritor Antonio Tizón fai unha autobiografía multimedia utilizando a narración, a poesía e o relato fotográfico e audiovisual. A iniciativa pódese consultar nun blog e nun libro e recibe aportacións. Aborda sen eufemismos, con sinceridade, o seu trastorno bipolar. Agarda aportar información de valor sobre desordes mentais, esquizofrenia e trastornos bipolares.

ESCOITA O PODCAST:
Antonio Tizón en Radio Fene

"Ler para min é todo. Escribir é unha bençao, un beneficio, unha bendición. Pero ao mesmo tempo hai que esixir respecto. Precisamente o respecto ante o escritor desapareceu por completo. E, tal como se comportan os autores, o público ten razón" afirma o escritor austríaco Peter Handke (Premio Nobel de Literatura 2019) Precisamente a forma de construír a autobiografía de Handke está na orixe do proxecto de Antonio Tizón. Todo naceu dun obradoiro de poesía impartido por Carlos Negro, …

 

Cultura

Publica o teu comentario agora