A esfolla do maínzo en Ardemil

A esfolla do maínzo en Ardemil

29 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A parroquia ordense de Ardemil será a encargada de poñer mañá sábado o tinte festivo ao municipio. Así, a xornada acollerá a celebración da I Festa da Esfolla, organizada por un grupo de veciños.

A partir da mañá darase o pistoletazo de saída ás actividades programadas con motivo desta festa. Unhas actividades que terán lugar nunha nave ubicada no lugar da Cruz, (enfrente ao bar Porto, aproximadamente a 2qm da N-550), onde a partir das 11 horas terá lugar a esfolla do maínzo, actividade tan tradicional e habitual no agro galego, e na que poderá participar todo aquel que visite a festa e estea interesado. 

Pero non só haberá traballo nesta festa, e a partir das 14 horas a música será a protagonista coa celebración da sesión vermú que correrá a cargo da orquestra Estrella Mar, agrupación que será tamén a que porá a nota musical na verbena nocturna. 

Como boa festa que se precie tampouco faltará a boa gastronomía, e á hora do xantar haberá callos e churrasco gratuítos para todo aquel que queira.

Sociedade