Esixen os exames presenciais en Navantia

Esixen os exames presenciais en Navantia
09 de Xuño, 2020 - 11:42 h. | Publicada por Radio Fene

A parte social de Navantia Fene-Ferrol quere que os exames das novas prazas se realicen de xeito presencial e non online como suxeriu a empresa. 400 empregos están en xogo. 

ESCOITA O PODCAST:

Os sindicatos queren que os exames das novas prazas de Navantia se realicen de forma presencial e non online como propón a empresa. “é máis xusto e máis transparente” . Quen así opina é, Marcelino Amado, reprentante da CIG de Navantia no Comité Intercentros quen engade que a selectividade tamén se fai presencial e hai sitios de sobra na comarca con capacidade para facer os exames. O número de prazas por asisnar, correspondente a 2019 é de 235. A promoción de 2020 son sobre 170 pero aínda non está feito o proceso de selección. Neste sentido, Amado reclama que se acelere porque van con retraso e é importante que os técnicos superiores estén na factoria pronto porque están en xogo as F110. Afirma que “en San Fernando xa están os novos técnicos na factoria”.

Onte mesmo reuniuse o comité intercentros para abordar varios asustos relacionados co convenio, uns vinte puntos de incumprimentos por parte da empresa. Tamén se trataron temas derivados da Covid19 como o teletraballo ou os test. “O convenio está sendo obstaculizado pola empresa. Con ano e medio de retraso seguimos sen avanzar” explica o representante da CIG que critica a actitude da presidenta que aínda non confirmou a reunión que agardan celebrar mañá coa empresa.

 

(Na imaxe, Navantia Fene)

Sociedade

Publica o teu comentario agora