Esklofrío ou Darkrow, entre os convidados ao Maniños Music Festival

Esklofrío ou Darkrow, entre os convidados ao Maniños Music Festival

26 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O "Maniños Music" un festival de música electrónica, arrinca ás 10 da noite na pista polideportiva desta parroquia fenesa, no lugar do Pombal. Sete Djs chegados de diferentes puntos de Galicia e algún local porán a marcha durante máis de 7 horas . A música tecno a 4.000 watios de son e 8.000 de iluminación, culminan o esforzo de varios mozos de Maniños, entre eles  Jesús Marcos e Jorge Rodeiro, por contar cun fe

Os Djs Darkrow, Fernando Mesa, Davidsm, Esklofrío, Adrián Pérez, Pelé e Marcial Bescos completan o cartel do I Maniños Music Festival. Así falan dos locais Pelé e Adrián, os organizadores.

O marco do Maniños Music Festival é a pista polideportiva do Pombal, perto das instalacións do Pote, onde se colocará unha barra para recadar fondos que completen o presuposto da festa que acada os 6.000 euros. A entrada é gratuíta.

Sociedade